4 mar 2012

Compartindo o post de segundo

Como nos din os nosos compañeir@s de terceiro no seu blog, "Sexamos curiosos", por fin nos vamos de Excursión. Antes de marcharnos, podemos mirar o que nos comentan.



A pantasma do palco é un espectáculo musical e teatral que conta como cinco amigos buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta. Mandoeu, Clarinazas, Ksiosei, MariChimpúm e Frautarina forman parte dunha banda de música e son en todo momento os protagonistas das historias que suceden. Así, deciden probar sorte no xardín dun pazo abandonado nos arredores da vila. Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito, moito tempo... porque, malia que está deshabitado, ás veces vense sombras e escóitanse fermosas melodías...

No hay comentarios:

Publicar un comentario